
VILAGARCÍA> Fomentar o uso da bicicleta é un dos piares das propostas de mobilidade no programa do BNG de Vilagarcía. Construír carrís bici e recuperar o servizo de préstamo municipal Vai-bike, son algunhas das medidas que recollen os nacionalistas.
Facer de Vilagarcía unha cidade saudable, que mire polo deporte e pensada para nenos e persoas adultas, é o obxectivo do BNG. Con esta intención, os nacionalistas apostan polo fomento da bicicleta como medio de transporte.
Villaronga recordou que na anterior lexislatura, cando o BNG gobernaba co Partido Socialista, xa se deron pasos nese senso. Por iso, comprométense a recuperar o servizo municipal de préstamo de bicicletas, o coñecido como VaiBike.
Para reforzar esta aposta, membros da candidatura do BNG deron un paseo en bicicleta pola vila no que estiveron acompañados por membros do colectivo Arousa en bici e o ciclista profesional Gustavo César Veloso.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/bng_vilagarcia_vaibike.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/14/bng_vilagarcia_vaibike.mp4{/flowplayer}








