Malestar pola retirada das bandeiras azuis ás praias da Ornanda e Aguieira

    PORTODOSON> A ADEAC, entidade que outorga este distintivo, considera que estes dous areais non cumpren este ano os requisitos esixidos. A decisión da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor, ADEAC, de retirarlle este ano a bandeira azul ás praias da Ornanda e Aguieira non gustou ó concello sonense. Ó parecer a decisión desta entidade respondía a dúas inspeccións negativas realizadas nestes dous areais. No caso da praia de Ornanda por un mal ordeamento do aparcamento e tamén pola ubicación do posto de socorro, mentres que na praia de Aguiera veu provocada pola falla de balizamento da zona de kite-surf. O edil de Turismo dixo non entender esta decisión, ó entender que a praia cumpre con tódolos requisitos necesarios para poder ondear este distintivo, sendo un dos máis importante a calidade óptima das súas augas.