O BNG asesora ós afectados polas participacións preferentes

    bngbarbanzaafectadospreferentes100.jpgBARBANZA> O BNG do Barbanza está a desenvolver unha campaña de apoio ós afectados polas participacións preferentes.

    {flowplayer}barbanza/bngbarbanzaafectadospreferentes.flv{/flowplayer}

    O BNG do Barbanza está a desenvolver unha serie de actos informativos sobre a problemática das participacións preferentes. O seu obxectivo é dar asesoramento ós afectados ó tempo que se fomenta a creación dunha plataforma similar á que xurdiu no Morrazo.

    Tralo acto celebrado en Boiro que contou cun cento de asistentes esta semana desenvolveranse reunións similares no resto da comarca. 

    Solución política

    Ademais de asesorar ós afectados, o BNG busca acadar un acordo para solucionar este problema pola vía política xa que a xudicial non garante resultados para os preto de corenta e cinco mil afectados que existen en Galicia.

    A este respecto, xa se presentou unha iniciativa no parlamento e nas próximas semanas levaranse mocións a tódolos concellos da comarca.

    Redacción Barbanza