NOIA> O ente público Portos de Galicia ven de autorizar a reformulación do espazo portuario de Noia, permitindo a construción de zona de aparcamento na zona de interacción portuaria-cidade. A segunda tenente alcalde e concelleira do Mar Marisol Villar Ageitos anunciou que o presidente de Portos de Galicia confirmou a autorización para a realización do aparcadoiro na zona portuaria. Villar Ageitos informou que se licitará inmediatamente o proxecto cun orzamento de 150.000 euros, e que permitirá a habilitación de 80 prazas de aparcamento. O proxecto tentará diferenciarse do modelo existente na zona de Labarta, que é unha explanada de asfalto integrada deficientemente no entorno e convertido nun aparcamento residual. Neste proxecto para habilitar 80 prazas primará a integración medioambiental introducindo árbores na zona de aparcadoiro e no entorno, mantendo a árbore existente no lugar que se vai habilitar e só afectando a un grupo de arbustos que será transplantado. O pavimento que se empregará será con lámina de polietileno reforazada e céspede e a primeira vez que no Concello se emprega está solución, que permitirá non empregar asfalto nin formigón como solución de final. Marisol Villar, en nome do grupo de goberno, quixo facer un agradecemento público ao presidente de Portos de Galicia, que desde o primeiro intre mantivo unha posición de colaboración para permitir esta actuación tan importante na vila, tendo en conta as actuacións que se están facendo na zona vella e que diminúen á superficie destinada a aparcamento. Desde o Concello indicouse que xa se está traballando co obxectivo de tentar ter rematadas as obras antes de final de ano, por parte de Portos de Galicia estáse rematando nos servizos xurídicos a addenda ao convenio para licitar inmediantamente a obra. O orzamento da obra, 150.000 euros, será financiado íntegramente polo Concello con cargo ao superávit do 2013.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










