A UE apraza a votación sobre a prohibición das redes de deriva que afecta ó xeito

    BARBANZA> Ó parecer a suspensión debeuse á falla dun informe xurídico, polo que a decisión final coñecerase dentro duns meses. A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo levaba hoxe na súa orde do día a votación sobre varias emendas relativas á prohibición de redes de deriva, na que se inclúe tamén o xeito. Despois de numerosas solicitudes por parte do sector, das Administracións, tanto a nivel local coma autonómico e nacional, e dos distintos grupos políticos, que mesmo remitiron a Bruselas numerosos informes que incidían no escaso perigo que supón esta arte de pesca tradicional, os eurodeputados debían tomar hoxe unha decisión ó respecto. Principalmente avanzar nas condicións da futura normativa e de paso acceder á petición de deixar fóra do regulamento ó xeito, antes da súa aprobación definitiva no pleno de Estrasburgo. Ó parecer e segundo confirmou esta mañá a eurodeputada do BNG, Ana Miranda, que xunto ó alcalde de Rianxo, se atopaban precisamente en Bruselas, a votación quedou suspendida. Ó parecer pola ausencia dun informe xurídico. Segundo a propia Miranda a votación foi poposta para outra sesión que, podería ter lugar no prazo duns tres meses. A nova colleu por sorpresa ó propio sector, que continúa excéptico ante a posible decisións da Comisión. Aínda así móstranse optimistas e confían en que os eurodeputados acorden retirar a proposta que afecta ó xeito e se centre unicamente en acabar con aquelas artes que capturan peixe ilegalmente e de xeito desproporcionado. Segundo eles, de aprobarse esta proposta, correrían un grave risco de desaparición moitas pesquerías tradicionais, que, coma o xeito, utiliza redes de enmalle de forma responsable e sostible coa correspondente perda de postos de traballo.