Nace unha nova escola de surf en Corrubedo

RIBEIRA> Ribeira contará a partir deste verán cunha escola de surf. A nova entidade, emprazada en Corrubedo, impartirá tamén clases de bodyboard e paddleboard. Ó longo destes primeiros meses ofertará cursos a prezos reducidos para aqueles que desexen iniciarse na práctica de calquera destas modalidades deportivos. O proxecto, froito da colaboración entre o club H2O e o concello de Ribeira, virá satisfacer unha vella teima de Álex Sebastián, auténtico impulsor da escola Grip Surf Scholl. Nacido en Bilbao pero afincado no municipio barbanzán dende hai anos, Álex decidiu apostar polo enorme potencial que ofrece a contorna natural para a práctica de deportes náuticos. A escola que se inaugurará en xuño ofrecerá clases de surf, boyboard e paddleboard. Nestes primeiros meses ofertaranse cursos a prezo reducido para fomentar a práctica destes deportes. Unha vez en marcha, a escola aspira a formar deportistas que poidan competir a tódolos niveis. Ademais da formación e a práctica deportiva, a escola pretende converterse nunha entidade social encargada de promover o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade. Os interesados en obter máis información poden dirixirse á sede da escola, emprazada na praia de Balierios en Corrubedo, ou á oficina de información deportiva da Fieteira. Non hai unha idade mínima para inscribirse e o único requisito é saber nadar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/presentacion_escola_surf_corrubedo_2905151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/29/presentacion_escola_surf_corrubedo_290515.mp4{/flowplayer}