Os centros educativos contarán con ‘bancos de libros’ para as familias necesitadas

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/02/conselleiro_libros_texto.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/02/conselleiro_libros_texto.mp4{/flowplayer}

     

    GALICIA> A Xunta creará bancos de libros nos centros escolares para que os alumnos poidan acceder ao material escolar. Segundo explicou o Conselleiro de Educación, esta medida é a terceira pata dun sistema combinado, que xa contempla os libros electrónicos e as axudas económicas ás familias máis necesitadas. 

    O vindeiro curso, colexios e institutos galegos contarán con bancos de libros de texto.

    No seu primeiro ano, os bancos estrearanse con libros de terceiro e quinto de primaria e de segundo e cuarto de secundaria, que deben devolver todos os estudantes que durante este curso tiveron axudas para mercar os textos.

    As familias que non tiveron axudas tamén poderán depositar os manuais nos bancos dos centros. Serán os propios profesores de cada colexio e instituto os responsables de xestionar estes fondos.

    Os textos recollidos entregaranse en orde inverso á renda familiar.

    Pola súa banda, o cheque escolar mantense o vindeiro curso para os nenos de primeiro, segundo, cuarto e sexto de primaria, e para primeiro e terceiro de secundaria e educación especial, mantendo os importes e os limiares de renda.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí