Novo éxito de convocatoria da marcha cicloturista do clube Lobeira

O clube ciclista Lobeira organizou esta pasada fin de semana a súa xa tradicional marcha cicloturista, que cada ano, e xa van 20, atrae a un bo número de amantes de dar pedais. Na edición deste ano subiron a dous portos míticos do Salnés: Lobeira e Castrove.

Coma cada último domingo de maio, dende hai dúas décadas, o clube ciclista Lobeira reúne a un nutrido número de amantes das dúas rodas, que percorren a comarca do Salnés. E veñen daquí pero tamén doutras comunidades. Na edición deste ano, os participantes tiveron que rodar noventa quilómetros e mesmo ascenderon dous portos míticos do Salnés, que ata foron finais de etapa da Vuelta a España: Lobeira e Castrove. Os que veñen, repiten. Rematada a vixésima edición, os organizadores e os participantes que se repuxeron do esforzo xa volven estar pendentes do calendario de cara ao ano que ven.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/02/marcha_cicloturista.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/02/marcha_cicloturista.mp4{/flowplayer}