Esgótase o tempo para os emigrantes retornados pendentes de actualizar o IRPF

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/manifestacion_emigrantes_retornados_0306151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/03/manifestacion_emigrantes_retornados_030615.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A finais deste mes de xuño remata o prazo para que os emigrantes retornados actualicen as súas declaracións do IRPF dende o ano 2010. Os afectados volveron saír á rúa para reclamar un trato fiscal xusto equiparado ós contribuíntes que traballaron en España. Emigrantes retornados do Barbanza e Muros Noia volven reclamar na rúa a xustiza que non conseguen por parte dos seus gobernantes. O goberno incumpriu o compromiso de modificar a lei tributaria para eximir ós afectados da obriga do pago do IRPF con carácter retroactivo. Promesas incumpridas e unha loita contra reloxo xa que a finais deste mes remata o prazo de presentación voluntaria polo que os que non paguen enfróntanse a multas e intereses de demora. Coas manifestacións e as protestas desenvolvidas ata o de agora xa conseguiron que se condonarán as sancións. Un primeiro paso para lograr o seu último obxectivo que pasa tamén por conseguir a equiparación fiscal cos traballadores que declararon en España. Tal e como veñen facendo teñen previsto seguir a manifestarse o primeiro mércores de cada mes para que o goberno da Xunta defenda os seus intereses en Madrid conseguindo un trato fiscal xusto e non discriminatoria para aqueles que pasaron a maior parte da súa vida traballando no estranxeiro.