Rajoy promete activar o Plan Galicia se gaña as Eleccións Xerais

mitinrajoy100_050308.jpgVIGO > Baño de multitudes o que recibiu onte en Vigo o candidato do PP á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy.

{flowplayer}images/salnes/mitinrajoy.flv{/flowplayer}

VIGO > Baño de multitudes o que recibiu onte en Vigo o candidato do PP á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy. O líder dos populares arrancou prometendo que, se gaña, o Plan Galicia será unha realidade, ou que traerá a Galicia un AVE de primeira. Pero tamén prometeu falar de Gabilondo e da nena de Rajoy. E así o fixo. Para falar do primeiro pediu silencio para que o escoitaran ben.

Rajoy criticou ó seu rival por non ter máis campaña que pedir o voto para que non gañe o PP. Falou tamén o líder do PP de política lingüística e pediu liberdade para educar os seus fillos. Fixo esperar ó seu aforo, unhas 5.000 persoas no pavillón das Travesas. Pero volveuse a falar da nena de Rajoy.

O candidato popular pediu o voto para o seu partido, e mesmo animou a aqueles que hai catro anos apoiaron ó PSOE e que non entenden o que pasou. En Vigo, onte, Rajoy xa se sentiu presidente.

Redacción Salnés