A sardiña cotiza á alza nos días previos ó San Xoán

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/reportaxe_sardina_1706151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/reportaxe_sardina_170615.mp4{/flowplayer} BARBANZA> A menos dunha semana de San Xoán a sardiña xa comeza a cotizar á alza. A escaseza da especie e o incremento da demanda fan que estes días rolde os oito euros. Prezo que pode chegar a duplicarse na véspera da festividade. Cumprir coa tradición resulta ás veces caro. É o que está acontecendo nos últimos anos coa festa de San Xoán na que os que queren comer sardiña deben pagala a un prezo moi superior ó normal. A escaseza da especie, que cada vez chega máis tarde a augas galegas, e a maior demanda incrementa considerablemente os prezos. Esta semana, o quilo rolda xa os oito euros e prevese que siga subindo ata a véspera de San Xoán. Entre os compradores hai ganas de sardiña pero son poucos os que están dispostos a mercala ó dobre do que custa habitualmente.Sen embargo, hai quen non renuncia a facer sardiñada para celebrar a noite máis curta do ano, custe o que custe. Haberá que agardar a ver como se comporta o mercado de cara a vindeira semana. Se segue a tendencia dos últimos anos pode alcanzar os quince euros.