![]()
VILAGARCÍA > A explanada do auditorio acolle ata o 21 de agosto, a exposición de La Caixa ‘Obxectivo, ¡voar!’…
… Trátase dun amplo percorrido polos diferentes enxeños creados polo home para conquistar un dos seus maiores soños, sucar o aire.
‘Obxectivo, ¡voar!’, a exposición da Obra Social La Caixa, acaba de aterrar en Vilagarcía. Na explanada do Auditorio permanecerá ata o día 21 esta carpa cos segredos da natureza e da enxeñería humana para sucar o aire. A visita comeza cun apartado interactivo que explica os principios físicos que fan posible o voo. Como por exemplo un motor de hélice se move igual que un espermatozoide, ou como un motor a reacción o fai coma un polbo.
Verán tamén como voan os paxaros e porqué, o que fixeron homes como Ícaro ou Leonardo da Vinci, e un percorrido polos diferentes artificios ideados para voar, unha historia da aviación, con maquetas e aparellos cedidos, na maior parte, polo Museo de Aeronáutica e Astronáutica do Exército do Aire. A inauguración da exposición coincide ademais co 80 aniversario da morte do aviador militar galego Joaquín Lóriga Taboada, que acadou varios recoñecementos polas súas fazañas no aire.
Redacción Salnés











