RIANXO> Rianxo en Común deu a coñecer a tódolos integrantes da súa candidatura para as municipais. Durante o acto, celebrado esta fin de semana no Cuartel Vello, debullaron tamén as principais liñas do seu programa electoral.
A participación cidadá foi clave na elaboración do programa electoral de Rianxo en Común que presentou esta fin de semana algunhas das súas propostas. O candidato, Julián Bustelo, explicou algunhas das súas iniciativas como a posta en marcha dun banco de terras, a consecución dun selo de calidade para a xouba rianxeira ou a creación dun programa de microcréditos para favorecer a implantación de empresas no municipio. Así mesmo, o cabeza de cartel presentou como mellor aval ante a cidadanía o traballo feito ó longo da anterior lexislatura na que practicamente foron aprobadas todas as iniciativas que levaron a pleno.