O tripartito de Ribadumia agarda funcionar xa para a semana a pleno rendemento

    RIBADUMIA>

     

    En Ribadumia David Castro tamén se está asentando no seu novo papel como alcalde. Desde o minuto un non deixou de recibir a traballadores do concello e veciños no despacho. A prioridade, coma no caso de Sanxenxo, está a ser atender cuestións inminentes como a posta a punto da piscina municipal.

     

     

    Como prometeu no seu discurso de investidura, os traballadores do concello foron os primeiros ós que se dirixiu o independente David Castro no seu primeiro día como alcalde.

     

    Chegado ó despacho, a porta non deixou de abrir e pecharse para recibir ós traballadores e tamén a algún veciño interesado en que o novo rexedor atendera ás súas demandas.

     

    Un problema de mantemento na piscina municipal, das primeiras cuestións nas que se tivo que poñer a traballar. Normalmente a instalación abre na segunda quincena deste mes, polo que a premura do tempo e a elevada demanda que rexistra obrigou a dar prioridade a este asunto.

     

    Castro recoñece que as primeiras semanas serán duras, mentres se afai ás responsabilidades como alcalde. Manterá unha dedicación parcial, xa que seguirá como xerente na adega na que traballou ata agora. Pero a atención ó concello, insiste, será total.

     

    Segundo o alcalde, o máis urxente será ver a situación real do concello para poder comezar a planificar actuacións.

     

    Cos seus socios de goberno, PSOE e Somos, traballa na organización do goberno local. Pretenden en breves poder funcionar xa a pleno rendemento.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/davidcastro1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/ENTREVISTA_DAVID_CASTRO.mp4{/flowplayer}