O verán e a chegada de turistas marcan a axenda no arranque do mandato de Pita

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/gonzalo_pita_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/17/gonzalo_pita_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

 

SANXENXO> Dende o sábado, o despacho da alcaldía de Sanxenxo ten un novo inquilino. O independente Gonzalo Pita será o seu ocupante os vindeiros catro anos, á fronte dun goberno cuatripartito que conseguiu rematar con 16 anos de maiorías absolutas do Partido Popular. Pita e o seu equipo arrancan agora un novo mandato marcado pola proximidade do verán nun dos concellos máis turísticos de España, como é o caso de Sanxenxo.

Pita converteuse en alcalde o pasado sábado, coa temporada de verán xa case empezada nun dos concellos máis turísticos de España. Só no mes de agosto, Sanxenxo recibe unha media de 100 mil visitantes estacionais. Por iso, a época estival será a que marque a axenda neste arranque de mandato.

Para setembro terán que quedar cuestións como as auditorías ou os proxectos máis sólidos recollidos no pacto para formar o goberno. Un executivo que xa ten repartidas as funcións e que presume de boa sintonía.

Esta boa sintonía tamén terá que buscala coa Xunta. Do goberno autonómico dependen algúns dos proxectos máis urxentes, como a PO308 e o colexio de Vilalonga, vellas promesas aos veciños.

Sobre as declaracións do popular Telmo Martín, que o luns aseguraba que intentaría recuperar os votantes do PP, Gonzalo Pita insiste: cada un votou a quen quixo.

Que os veciños vexan que o concello segue a funcionar e facelo mellor que no último mandato, son os obxectivos que se marca Pita para esta nova etapa.