Velo denuncia o mal estado do parquing do Concello

BOIRO> O voceiro de Iniciativa Cidadá sinala que as instalacións carecen dunha total falla de mantemento, o que está a influír no seu mal funcionamento.

O voceiro de Iniciativa Cidadá de Boiro, Manuel Velo, alude a cuestións para el básicas como son a falla de limpeza, a carencia de medidas de seguridade en canto ós sistemas antiincendios ou de extracción de gases ou mesmo a situación dos aseos públicos, dende hai tempo pechados, que se atopan nun estado lamentable de abandono.

Manuel Velo alude tamén á situación das xuntas de dilatación danadas a consecuencia das vibracións dos camións que durante as festas aparcan na praza do Concello, provocando filtracións de auga nos días de chuvia.

Di recoller as queixas de numerosos usuarios do parquing que critican esta situación, reclamándolle ó executivo local unha actuación urxente que veña a dar solución a todos estes problemas, xa que os veciños están a pagar por un servizo na actualidade deficiente.