Dobre cita para o remo galego en Cabo de Cruz

BOIRO> A localidade boirense acollerá en dobre xornada, sábado e domingo, a cuarta Bandeira de Traíñas Marina Cabo de Cruz, e a quinta bandeira de Traíñas Feminina Concello de Boiro. Correspondente á sétima e oitava probas dentro calendario de regatas que integran a Liga Galega de Traíñas da Liga B, Cabo de Cruz acollerá este próximo sábado e o domingo a cuarta edición da Bandeira de Traíñas Mariña de Cabo de Cruz. Na regata tomarán parte nove clubs que integran actualmente esta competición. Os principais favoritos para levarse a vitoria na proba serán os dous equipos que lideran actualmente a clasificación, Cabo de Cruz e Muros. Por outra banda terá lugar tamén a disputa da quinta bandeira de Traíñas Feminina Concello de Boiro. Dende o Concello, xunto co Náutico crucense e a empresa Jealsa, principais patrocinadores da regata, destacaron a importancia destas dúas probas