A Pobra contratará a dous técnicos de turismo e dez peóns para limpeza de praias

    POBRA> As bases xa están publicadas na páxina web municipal: www.apobra.org, ou no taboleiro de anuncios do concello, onde poderán ser consultadas polos interesados. Para satisfacer as propias necesidades do concello durante a temporada de verán, o executivo pobrense iniciará en breve o proceso selectivo para a contratación de ata un total de doce persoas. Dúas serán técnicos de turismo que se encargarán de atender a oficina municipal situada no parque do Castelo, e o resto para as brigadas de limpeza de praias. O equipo de goberno realizou ademais unha modificación nas bases de contratación que rexían ata o de agora, buscando criterios de maior equidade. As bases poden consultarse xa na páxina web municipal: www.apobra.org, ou no taboleiro de anuncios do concello. Aquelas persoas interesadas disporán dun prazo de cinco días dende a súa publicación para presentar as correspondentes solicitudes. Está previsto que nas próximas semanas saia tamén a convocatoria de contratación dos socorristas que desempeñarán o seu labor nas praias do municipio.