O PP de Ribeira pide que se xestione a implantación de contratos reservados a entidades sociais

RIBEIRA> Segundo explicou a concelleira Ana Barreiro o anterior goberno do Partido Popular sempre tivo  entre as súas prioridades os asuntos sociais, atendendo ás directivas de contratación que empezaron a dar unha maior posibilidade ás administracións públicas para que puideran reservar o dereito a participar nos talleres protexidos e operadores económicos para que unha parte das contratacións puideran reservarse a unha serie de operadores cun marcado carácter social, acadando unha contratación pública máis responsable, deixando de lado o lucro e o criterio prezo como referencia principal.

Segundo o PP en Ribeira e no resto da comarca existen unha serie de entidades do terceiro sector que cumpren perfectamente con estas características, en clara referencia a Ambar ou Amicos, que poderían beneficiarse desta medida.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí