RIBEIRA> Xa se pode visitar no museo municipal de Ribeira a exposición ‘De-Constitución; Crónica Política do último século en España’. O delegado territorial da Xunta na Coruña inaugurou esta mostra con motivo da conmemoración do corenta aniversario da Constitución.
Os fitos máis destacados da política española durante o último século, dende a coroación de Alfonso XII ata a abdicación de Xoán Carlos I, están recollidos nesta exposición que ata febreiro se poderá visitar no museo municipal de Ribeira. Trátase dun repaso xornalístico da crónica política a través de portadas de distintas publicacións cedidas polo xornalista Suso Souto.
Ademais do autor da mostra, na inauguración estiveron presentes o alcalde de Ribeira e o delegado territorial da Xunta que destacaron o acertado das portadas escollidas.
Aqueles que desexen realizar este percorrido pola historia da man do autor da mostra poden facelo os xoves e os venres ás once cando se realizarán as visitas guiadas. É preciso inscribirse previamente a través do enderezo museo@riveira.es.