Quintana: ‘Hai medios suficientes. O que non se pode é alentar á xente a que prenda lume’

SANTIAGO> Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4

O próximo mércores comeza a campaña por alto risco de incendio en Galicia. Esta mañá constituíuse en Santiago o Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais de Galicia que permanecerá vixilante durante toda a campaña. Este ano o dispositivo de loita contra os lumes contará con máis de sete mil efectivos, entre nacionais e autonómicos. Desde a Xunta asegúrase que o Pladiga non escatima en medios, e que se hai incendios é porque alguén os prende.

 

 

Esta mañá quedou constituído en Santiago o Comité Integrado de Prevención de Incendios Forestais para a campaña 2015. O mércores da semana próxima activarase a máxima alerta por perigo de lumes en Galicia e o Comité encargarase de coordinar tódalas actuacións en materia de prevención e loita contra incendios. Contarase este ano con máis de sete mil efectivos, entre os aportados polo goberno galego e o Ministerio de Interior.

 

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, sae ó paso das críticas que cada ano se oen sobre a escaseza de medios para loitar contra o lume. As últimas esta mesma semana, con tres incendios de envergadura en Galicia, un deles en Soutomaior.

 

E nesa acción humana poñen desde a Xunta o acento. Porque se ben é certo que as condicións climatolóxicas poden favorecer a expansión dos incendios, antes hai que prendelos.

 

Responde tamén Quintana ás queixas de comunidades de montes que apuntan a unha falta de axuda para a prevención de lumes.

 

Prevención e loita contra incendios que se completa cun terceiro piar, a persecución dos incendiarios.

 

Da súa investigación encargarase o Corpo Nacional de Policía, que tamén participará en labores de prevención e defensa, así como a Unidade Contra o Crime Incendiario da Garda Civil. Este corpo reforzará os efectivos autonómicos coa presenza do SEPRONA, e outras dotacións como o Escuadrón de Cabalería o a Policía Xudicial. O conxunto de efectivos complétase cos 32 medios aéreos, 360 motobombas, cisternas, pás, outros vehículos e membros dos equipos de extinción de incendios.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/26/conselloincendios.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/26/CONSELLO_INCENDIOS.mp4{/flowplayer}