GALICIA> A Deputación da Coruña celebrará cos veciños da comarca o Día das Letras Galegas. Durante a xornada do sábado organizará unha serie de actividades infantís nos xardíns de Méndez Núñez e, en caso de que o tempo non acompañe, se trasladarán ao Fórum Metropolitano. A primeira delas comezará ás cinco e media da tarde coa Ludoteca Xiramundos. Consistirá nunha “Casa dos xogos” na que se ensinará aos pequenos xogos tradicionais de distintas orixes e culturas. Estas actividades fomentan a creación e a construción, a psicomotricidade e o pensamento, ademais de que a rapazada adquirirá novos coñecementos pedagóxicos. Desenvolverase tamén un espectáculo de teatro e música ‘A nena e o grilo nun barquiño’ Ademais, o xurado do V Premio Rosalía de Castro de normalización lingüística reunirase a próxima semana para determinar o gañador e a Biblioteca Provincial tamén celebrará a festa da lingua galega cunha mostra dedicada a Xosé María Díaz Castro, guías e recunchos de lectura e un obradoiro infantil.
Inicio Galicia