Riveiro proporá unha nova prórroga na concesión das piscinas de Campolongo

PONTEVEDRA> A edil de Deportes Anxos Riveiro levará á xunta reitora do Instituto Municipal de Deportes a prórroga da concesión das piscinas de Campolongo.

 

 

Segundo denuncia o PP local, sería a ‘sétima prórroga irregular’. Riveiro recoñece que os propios técnicos municipais apuntan a que non procede esa renovación, que sería ata o 30 de xuño do próximo ano, pero desde o concello din que o que prima nestes intres é manter o servizo e os postos dos 50 empregados que traballan nas instalacións.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/imdponte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/29/INTRO_TOTAL_IDEM_PONTE.mp4{/flowplayer}