Varela pide ‘respeto ó programa máis respaldado’ e insiste no ‘aceptable’ do seu soldo

    VILAGARCÍA>

     

    O fracaso deste pleno de organización obriga ó goberno de Alberto Varela a retomar negociacións de cara a unha próxima sesión. Esta mañá tanto o alcalde como a voceira do grupo municipal facían lectura do acontecido. Para eles está claro: a actitude de Somos e Esquerda Unida non foi máis que unha mostra de forza para dicir que o PSOE depende deles. Piden colaboración e que se respecte o programa electoral que logrou maior respaldo.

     

     

    Unha mostra de forza. Un xeito de poñer contra as cordas ó goberno  de Varela. É a lectura que se fai desde o Partido Socialista ó acontecido onte no pleno.

     

    A voceira do grupo de goberno e o alcalde insisten no discurso mantido onte no pleno. Que se intentaron as negociacións con tódolos grupos ata o final, e apuntan a que nesas conversas se achegaron posturas. Por iso convocaron o pleno. O que ocorreu, segundo eles, é que esas forzas coas que parecían ter sintonía, ‘a última hora’ mudaron de parecer á luz do dito polas súas asembleas.

     

    O salario do alcalde, segundo Tania García ‘o dun profesor de instituto’, antóllase como o principal escollo para as negociacións. Propoñen 2.500 euros líquidos ó mes. E desde o PSOE seguen mantendo a súa posición malia ter que volver a negociar.

     

    Hoxe mesmo tiñan previsto iniciar unha nova rolda de contactos coas forzas da oposición de cara a retomar as negociacións.

     

    Segundo establece a lei, o pleno de organización debe convocarse nos 30 día hábiles posteriores á sesión de investidura, co que o 18 de xullo remataría o prazo legal para convocalo en Vilagarcía. A intención do goberno local é poder realizar esa convocatoria dentro da semana próxima.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/VALORACIONPLENO.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/VALORACION_PLENO_VILLA.mp4{/flowplayer}