O PSOE sofre a súa minoría e non saca adiante o pleno de organización

    VILAGARCÍA>

     

    Non por esperado foi menos incómodo. Ó Partido Socialista de Vilagarcía quedoulle claro onte que se quere sacar adiante as súas propostas nesta lexislatura vai ter que negociar duro.

     

     

    E o exemplo, o pleno de organización de onte.  Partido Popular, Somos Maioría e Esquerda Unida deixaron ó executivo de Alberto Varela sen soldo para o alcalde, nin para os concelleiros liberados. De nada lle serviu ó goberno local deixar a un lado a representación municipal na Autoridade Portuaria e na Mancomunidade para intentar  atar acordos. Somos Maioría e Esquerda Unida aferráronse á súa postura de esixir unha rebaixa no soldo do alcalde, mentres que o Partido Popular se afanou en evidenciar a minoría coa que goberna o PSOE, metendo o dedo na ferida ó insistir en que se chegara ó pleno sen acadar acordos nas negociacións previas. O BNG optou por un discurso máis cordial, solicitando unicamente que o goberno cumpra as promesas de pluralidade e transparencia. Optaron por absterse.

     

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/plenovillaorg1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/PLENO_VILLA.mp4{/flowplayer}