MEAÑO> O concello de Meaño instala 7 dispensadores de desinfección nas zonas máis confluídas da vila. A iniciativa englóbase dentro dos plans de prevención que está levando a cabo o goberno municipal. A dotación de equipos de protección individual e a peonalización temporal dalgunhas rúas son outros dos eixos deste proxecto.
Os veciños de Meaño poderán desinfectar as súas mans en calquera momento do día e nas zonas máis confluídas da vila. Porán facelo grazas aos 7 dispensadores de desinfección que o concello instalou en puntos clave como a casa consistorial, os centros de saúde, os colexios ou na praza de Dena.
Esta medida é un dos tres eixos do programa de prevención do concello de Meñao. Este punto complétase coa desinfección diaria dalgunha rúa do municipio. Os dispensadores están sendo moi utilizados pola veciñanza.
Outro dos puntos deste plan de prevención é a dotación de equipos de protección individual.
Este punto tamén se completa co reparto de máscaras de forma gratuíta por parte do concello. O último dos puntos do eixo está destinado a garantir o distanciamento social, para elo peonalizaranse algunhas rúas de xeito temporal.
O uso continuo destes dispensadores demostra a importancia que supuxo para a veciñanza. Nun concello no que apenas se rexistraron unha decena de avisos por incumprir as normas. O alcalde agradeceu o bo comportamento da súa localidade.