Os autónomos seguen a reducir a marxe de beneficios para sobrevivir

    VILAGARCÍA>

     

    Os autónomos da comarca do Salnés non  están a notar a anunciada recuperación económica nin confían nos anuncios de crecemento fixados para este ano polo goberno central. Ó contrario, seguen recortando a súa marxe de beneficios para poder ser máis competitivos, os que non se ven abocados ó peche. Son as conclusións da última enquisa realizada pola Asociación Galega de Traballadores Autónomos.

     

     

    Hai tres meses que AGTAMAR, a Asociación de Traballadores Autónomos e do Mar en Galicia creou un Observatorio no Salnés para seguir a evolución do sector. Acaban de recibir os resultados da segunda enquisa realizada entre autónomos do comercio minorista, hostalería, transporte e construción do Grove, Cambados e Vilagarcía. E os resultados seguen a ser desalentadores.

     

    Aseguran desde AGTAMAR que máis do 70 por cento dos enquisados non están a notar esa suposta recuperación económica e máis do 80 non cren nas previsións de crecemento da economía dun 3% neste ano. Cifras baralladas polo goberno central.

     

    O principal problema, segundo AGTAMAR, está no consumo. Se a cidadanía non ten recursos económicos cos que mercar os autónomos non venden.

     

    E así se entra na dinámica de aperturas de negocios e peches apenas tres meses despois. Din os autónomos que non queren subvencións. Piden ás administracións que actúen poñendo en marchas políticas de dinamización económica que levante o tecido produtivo, imprimindo crédito ós consumidores vía aumento de salarios e contratacións, e reforzando o sector industrial.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/AUTONOMOS.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/07/AUTONOMOS_VILAGARCIA.mp4{/flowplayer}