O albariño Davide deixa a medalla de ouro da Cata-Concurso do Albariño no Salnés

CAMBADOS> A subzona do Salnés triunfo una Cata Concurso Albariño Rías Baixas deste ano. Tanto o ouro como a prata quedaron en dúas adegas salinienses: a vilanovesa Davide e Bodegas Chaves, de Ribadumia. O bronce marchou para o Condado, para Veiga da Princesa. Esta entrega de premios serviu para poñer o broche ao tradicional xantar e para despedir o regreso da Festa do Albariño.

O Rías Baixas Davide, da adega vilanovesa do mesmo nome, coroouse na primeira Festa do Albariño trala pandemia. Fixose coa medalla de ouro na Cata Concurso, sobresaíndo entre os 53 aspirantes.

A Medalla de Ouro quedou así na subzona do Salnés. Tamén a prata, que este ano foi para Castel de Fornos, elaborado por Bodegas Chaves, en Ribadumia.O bronce, pola súa banda, viaxou ata o Condado. Recaeu en Veiga da Princesa.

Despois de dous anos nos que a pandemia obrigou a mudar o formato de entrega de premios, nesta edición volvimos coñecer aos mellores Rías Baixas do ano tralo tradicional Xantar do Albariño.

O Xantar reuniu a 400 persoas nos xardíns do Pazo Torrado para poñer o broche de ouro á septuaxésima edición da Festa do Albariño de Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí