Varela pide que se revisen os protocolos de emerxencias tralo incendio en Cortegada

    VILAGARCÍA> A voz de alarma dábase pasadas as nove e media da noite, e a alerta estendíase máis rápido que as lapas. Onte un incendio arrasaba unha pequena superficie arborada da zona central da Illa de Cortegada, parte do parque nacional das Illas Atlánticas.

     

    O incendio quedou extinguido cara as dúas do mediodía de hoxe. Nos traballos participaron catro axentes forestais, cinco brigadas, dúas motobombas e un helicóptero. Pero para controlar o lume foi fundamental o traballo de centos de veciños de Carril, que onte pola noite botáronse a Cortegada para evitar que as lapas arrasara un dos tesouros da ría.

    Esta tarde visitaban a zona o alcalde da vila e varios concelleiros. Alberto Varela fixo fincapé na necesidade de reforzar a vixilancia da illa.

    Polo de momento as causas do lume se descoñecen e están a ser investigadas, aínda que todo apunta a que se tratou dun incendio provocado.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/17/incendio_cortegada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/17/incendio_cortegada.mp4{/flowplayer}