As intensas choivas deixan decenas de incidencias nas Rías Baixas

    INUNDACIONS_SALNEScopy.jpgSALNÉS> En Vilagarcía, o barrio máis prexudicado foi o de Matosinhos onde a auga chegou a entrar en vivendas e comercios.

    {flowplayer}images/salnes/INCIDENCIA_TEMPORAL_SALNES.flv{/flowplayer}

    Os servizos de emerxencias da comarca non se detiveron nin un segundo no día de onte no que se rexistraron centos de chamadas ó longo de todo o día. Unha das alertas foi no barrio de Matosinhos, en Vilagarcía, onde os seus veciños, cada vez que chove, observan con indignación coma a avenida se inunda. Ás veces mesmo chega a entrar nos portais das súas vivendas, coma lles aconteceu onte.

    No centro da capital arousá, unha das rúas máis prexudicada foi a de Rei Daviña onde varios comerciantes e hostaleiros viron afectados os seus negocios polas intensas choivas. E é que a situación dalgunhas zonas da cidade, construídas sobre a conca fluvial dun río ou moi próximas ó mar causan episodios coma este.

    O río Umia, ó seu paso por Ponte Arnelas, estaba desbordado a primeira hora da mañá. Aínda que a situa´ción foi peor onte, hoxe as fincas máis próximcas ó río estaban totalmente anegadas. No tramo de Barrantes, a auga chegou ó recinto do Club de Piragüismo e á zona da Piscina Municipal. Outros concello afectados polo temporal son Cambados, Vilanova, Catoira ou O Grove.

    Redacción Salnés