Sanxenxo estreará a reforma do pavillón de Baltar cunha xornada de portas abertas

SANXENXO> O reformado pavillón de Baltar, en Sanxenxo, comezará a funcionar esta vindeira fin de semana. Estivo en obras durante os últimos 12 meses, grazas a unha achega da Deputación de Pontevedra. A actuación centrouse na mellora da eficiencia enerxética e do seu illamento, cun lavado de cara de todas as instalacións. Esta mañá, o novo presidente provincial visitou as instalacións.

Doce meses despois, a reforma do pavillón de Baltar, en Portonovo, xa é unha realidade. As instalacións acollerán actividade deportiva a partir deste vindeiro sábado. Antes desa cita, recibiu hoxe a visita do novo presidente provincial. O proxecto supuxo un investimento dun millón de euros, financiados nun 70% pola Deputación a través do plan Reacpon do anterior executivo provincial.

O rexedor aproveitou para agradecer á anterior Deputación o apoio prestado na reforma.

E recoñeceu que este foi un proxecto laborioso pero cun bo resultado.

A reforma supuxo a traformación total de todo o complexo, dando resposta a tódalas súas necesidades de futuro. Mellorouse a accesiblidade, a efeciencia enerxética e o illamento de todas as instalacións, cun novo revestimento exterior. Tamén se reformaron todos os espazos interiores.

A posta de longo das instalacións vai ser este vindeiro sábado, cunha xornada de portas.