Amadeo López faise coa quinta edición do Concurso de Novela Curta de Ribeira

    RIBEIRA> A obra do escritor noiés titulada ‘A cacería’ resultou gañadora de entre un total de 18 obras presentadas ó certame. O salón de plenos do concello ribeirense acollía esta mañá o acto de entrega do premio da quinta edición do Concurso de Novela Curta Cidade de Ribeira. Un galardón que recaeu no autor noiés Amadeo López Cobas pola súa obra “A Cacería”. Segundo o voceiro do xurado, Manuel Bragado, a obra de Amadeo foi elixida de xeito unánime entre as 18 obras presentadas O alcalde, Manuel Ruíz, felicitou ó gañador e destacou o feito de que por segundo ano consecutivo un autor da comarca se fixese con este certame. O gañador mostrouse agradecido e ledo polo recoñecemento. Ademais do diploma conmemorativo e un cheque por valor de tres mil euros, o gañador verá publicada a súa obra na vindeira primavera en Edicións Xerais na prestixiosa colección xuvenil ‘Fora de Xogo’.