Lousame acollerá a I Feira Agroecolóxica e de Alternativas

    LOUSAME> A actividade celebrarase o próximo sábado primeiro de agosto no campo da festa de San Roquiño en Tállara. O campo da festa do San Roquiño en Tallara acollerá o próximo sábado 1 de agosto a I Feira Agroecolóxica e de Alternativas. Na organización da actividade colabora a agrupación socialista da localidade. A feira servirá de promoción a todo tipo de produtos locais. Dende a organización confían en que o resultado desta primeira feira sexa todo un éxito, fundamentalmente de participación.