Ribeira acolleu a celebración da Asemblea Rexional do SIndicato Policial

    RIBEIRA > Ribeira foi o escenario escollido para a celebración da Asemblea Rexional do Sindicato Profesional da Policía Nacional. O motivo da mesma non era outro que elixir ós novos cargos que asistirán ó próximo Congreso Nacional que se celebrará o vindeiro mes de maio en Santander, así como analiza-las cuestións que plantexará o sindicato e analiza-las posibles reformas do actual modelo policial.

    Na comparecencia ante os medios, o presidente Rexional do Sindicato Profesional da Policía, Carlos Martínez, explicou as razóns polas que se elixira Ribeira para celebrar esta asemblea. Segundo el a comisaría ribeiresa, que presta servizo de seguridade aproximadamente a unha poboación duns cen mil habitantes, necesita a mellora das súas dependencias.

    Carlos Martínez tamén falou dos delictos máis habituais desta zona, que a pesar de ser unha das de menor incidencia de Galicia, presenta tamén roubos e numerosas investigacións sobre o tráfico de estupefacientes.

    Cada vez son máis frecuentes tamén os servizos relacionados con bandas organizadas e os delictos en internet polo que é necesario a creación de unidades especiais dentro da propia policía.

    Redacción Barbanza