Preocupación entre os hostaleiros de Ribeira polos reiterados roubos

    RIBEIRA> O mais recente produciuse nun establecemento da transitada Avenida Malecón.

    Os propietarios da cafetería Oliver & Stanley aseguran estar cansos e desesperados, xa que perderon a conta das veces que lle entraron a roubar. Nesta última ocasión, os delincuentes actuaron de madrugada e destruíron parte do mobiliario. Accederon ó bar tras romper o vidro que daba a rúa e levaron máis de 800 euros en efectivo. Ademais de rebentar a máquina comecartos para conseguir a recadación que contiña, os cacos arrancaron da parede o sistema de alarma, deixárono dentro dunha neveira e de paso levaron varias unidades de refrescos. Os hostaleiros de Ribeira, que din sentirse desprotexidos, reclaman maior seguridade e vixilancia nas rúas para disuadir ós ladróns. O sector atribúe estes feitos a un vello coñecido da policía, posto en liberdade recentemente.