Os afectados da PO-504 maniféstanse ante Política Territorial

    manifestacionpo504_100_250308.jpgPONTEVEDRA > Os veciños afectados polo proxecto de mellora da PO-504 manifestáronse hoxe ante a delegación de Política Territorial.

    {flowplayer}images/salnes/manifestacionpo-504.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Os proxectos de Política Territorial non acaban de convencer. Un exemplo é a mellora da seguridade viaria na estrada PO-504 que une Vilalonga con Sanxenxo. Despois de protagonizar varios cortes de tráfico no cruce da Vichona, hoxe trasladáronse coas pancartas e os asubíos á mesma delegación de Política Territorial en Pontevedra. Alí solicitaron por escrito unha nova reunión coa delegada Isabel Domínguez, que finalmente non os recibiu.

    Os veciños consideran que o proxecto que lles presentou Política Territorial é unha chapuza e insisten en que se recolla unha rotonda na Vichona, entre outras medidas para mellorar a seguridade viaria, sobre todo para os peóns. Ó non seren recibidos hoxe pola delegada, os veciños volverán mañá ás dez a concentrarse diante de Política Territorial. En caso de seguir sen resposta da Xunta, decidirán en asemblea novas medidas de presión.

    Redacción Salnés