O BNG pregunta polas obras da rotonda do Vilar

    RIBEIRA> O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego vén de interesarse no concello polos motivos da paralización das obras de construción da rotonda do cruce do Vilar.

    O voceiro do grupo municipal do BNG, Xosé Antonio Vázquez Cobas, presentou unha pregunta para a súa resposta no vindeiro pleno, a través da cal lle solicita ó equipo de goberno, cales son os motivos reais que levaron á paralización das obras de construción da rotonda no cruce do Vilar, e cando está previsto que se retomen os traballos. Segundo o propio Xosé Antonio Vázquez Cobas o retraso nesta actuación é unha proba máis da improvisación e a falla de xestión do actual equipo de goberno. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/bngribeirarotondavilar091013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/bngribeirarotondavilar091013.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí