{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/varela_sobre_ramal.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/varela_sobre_ramal.mp4{/flowplayer}
VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía recoñeceu este venres a Canal Rías Baixas que o goberno local non consentirá que se creen novas barreiras ao mar que só se xustifican no rendemento económico e non no portuario.
Unhas declaracións que chegan trala polémica desatada despois das declaracións de Sagrario Franco, presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, que manifestou a intención de promover a construción dun hotel na zona do Ramal.
O goberno local de Vilagarcía non vai consentir que se creen novas barreiras arquitectónicas ao mar que só se xustifican mediante rendemento económico segundo o alcalde da Vila, Alberto Varela.
Unha afirmación que chega tralas declaracións da presidenta da Autoridade Portuaria, quen manifestou a súa intención de promover a construción dun hotel e unha zona comercial, nos terreos que foi gañando con consentimento da cidade, segundo recoñeceu Varela.
O alcalde de Vilagarcía afirma que por moito que se insista nesta cuestión, a presidenta da Autoridade Portuaria non vai ver conseguido o seu propósito, e ademais Varela insta a Sagrario Franco e o seu equipo a que se preocupen de que o porto teña actividade, poñendo a funcionar xa as vías do tren ata Ferrazo.