Vilanova clausura os obradoiros de Xestión de Redes e Impresión Dixital

VILANOVA> O Pazo de Vista Real foi o emprazamento no que se deron cita como cada mañá dende hai noves meses os vinte alumnos do Obradoiro de Xestión de Redes e Impresión Dixital. Un acto no que participaron o alcalde de Vilanova de Arousa e o Xefe Territorial de Industria.
Vinte mozos e mozas desempregados de Vilanova, formáronse nos últimos meses no Obradoiro de “Vista Real III” centrado en Xestión de Redes e Impresión Dixital.
Os alumnos pertencentes a Xestión de Redes foron os encargados de estender a fibra óptica ata Tremoedo e Baión. Uns traballos que valora moi positivamente o alcalde Gonzalo Durán.
Esta impresionante maqueta que lles amosamos ten que ver co traballo realizado polos alumnos de Impresión Dixital. O representante da Xunta de Galicia, Ignacio Rial, destacou a importante labor formativa que se realiza dende o concello de Vilanova.
O consistorio vilanovés, non descansa nin no verán, e xa están valorando a posibilidade de solicitar un novo obradoiro de Xestión de Redes para o ano que ven.