{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/inauguracion_albarino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/29/inauguracion_albarino.mp4{/flowplayer}
CAMBADOS> Cambados xa está inmerso na festa do Albariño. Este mediodía quedou inaugurada a edición número 63 desta cita, a máis importante para as adegas da DO Rías Baixas e para os amantes do bo viño. Tampouco faltarán a comida e a música para animar os cinco días de festa, que se prevé como unha das máis concorridas da súa historia.
Por fin chegou o día. Viño, comida, música, brindes e selfies mestúranse no Paseo da Calzada.
Durante cinco días e cinco noites, o Albariño será o verdadeiro protagonista da vida en Cambados. Non é para menos. A Festa do rei dos brancos celebra a súa edición número 63.
O 2015 non podía ser unha excepción. Como sucede dende hai máis de medio século, os cambadeses renden tributo ao seu principal embaixador. Pero non só os veciños saben gozar das bondades dun bo albariño.
Nin sector nin autoridades son alleos ao tirón desta festa, que tramita a súa consideración de interese turístico internacional.
Xa este mediodía o arranque non podía ser máis prometedor. Centenares de persoas xa enchían as súas copas, reforzando as boas expectativas que hai para este ano.
Pero o de hoxe non foi máis que o comezo. Ata o domingo, Cambados só terá ollos e copas para o albariño.