O Magic Festival reúne a máis de 2.400 persoas en Sanxenxo

magic_festival100_120808.jpgSANXENXO > O Festival Internacional de Maxia reuniu o domingo a máis de 2.400 persoas na praza dos Barcos. O público gozou cos trucos …

… de prestidixitadores de renome como o premiado Peter Marvey.

Máis de 2.400 persoas presenciaron o domingo pola noite na Praza do Barcos de Sanxenxo o espectáculo internacional Magic Festival, que este ano acadou a súa sexta edición. O show estivo dedicado ó lendario mago Houdini e nel participaron recoñecidos profesionais como os barceloneses Brando e Silvana, o pontevedrés Pedro Volta, Mórrison o Magnifico, de Tarragona, ou o arxentino Latko, que fixo aparecer todo o necesario para por en marcha unha moto.

Tamén estivo na Praza dos Barcos Peter Marvey, un profesional de prestixio internacional e que traballou en máis de trinta países ó longo dos cinco continentes co número que o fixo merecedor dun dos premios máis importantes do mundo da maxia, A Variña de Ouro de Montecarlo. Neste festival, levan participado nos últimos anos recoñecidos magos como Luis de Matos, Tina Lenert, ou Mirko, entre outros.

Redacción Salnés