Indignación dos patróns ante as medidas de Mar para rexenerar os bancos marisqueiros

    VILAGARCÍA> Enfado monumental entre os patróns da ría de Arousa. Despois de seis meses agardando unha proposta da Consellería do Mar para rexenerar os bancos marisqueiros, a proposta que lles presentaron onte parécelles unha burla. Cren que as medidas chegan tarde e son insuficientes.

     

    As medidas chegan tarde e son insuficientes. Na reunión de onte da consellería do Mar cos patróns, o sector quedou decepcionado.

    O descontento é maior pola tardanza da Consellería. Os técnicos levan seis meses recollendo datos sobre o terreo e facendo informes; actuacións que valoran en 700.000 euros. Unha perda de tempo para os patróns.

    Facer arados na zona de O Bohído e limpar as algas e loitar contra os depredadores en O Cabío, son as propostas da Xunta para recuperar a capacidade produtiva destes bancos. Para Os Lombos do Ulla, proponse un dragado dunha superficie duns 20.000 metros cadrados, unha acción que se realizaría a dous meses do arranque da campaña de libre marisqueo.

    O enfado do sector é maiúsculo, e os patróns insisten na petición que fixeran xa no seu último escrito: a reclamación da dimisión de Rosa Quintana e o seu equipo.

    Os patróns reuniranse o vindeiro luns para analizar a proposta en profundidade e trazar a súa folla de ruta.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/30/confrarias_reunion_mar.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/30/confrarias_reunion_mar.mp4{/flowplayer}