Un home mata as súas dúas fillas menores e despois intenta suicidarse

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/31/crime_morana.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/31/crime_morana.mp4{/flowplayer}

 

MORAÑA> Tráxico suceso en Moraña. Este mediodía un veciño da parroquia de San Martiño de Laxe asasinaba, supostamente, as súas dúas fillas de catro e nove anos. Despois intentou suicidarse, aínda que está previsto que hoxe mesmo se lle dea a alta hospitalaria. Xa foi detido pola Garda Civil que está a investigar os feitos.

A traxedia sacudiu este mediodía o concello de Moraña. David O., veciño do lugar de O Casal, na  parroquia morañesa de San Martiño de Laxe, asasinou as súas fillas usando, supostamente, unha rebarbadora. Ao parecer foi o home, de ao redor de 40 anos, quen deu a voz de alarma para, despois, intentar suicidarse. Foi detido como presunto autor do dobre crime e trasladado ao Hospital de Montecelo para recuperarse das súas feridas. O seu estado non revestía gravidade e de feito estaba previsto que hoxe mesmo recibira a alta hospitalaria.

As pequenas, de 4 e 9 anos, estaban pasando quince días co pai e mañá tiñan que volver coa súa nai, veciña de Campolameiro. O matrimonio estaba separado dende había ao redor de dous anos e, ao parecer, o home refixera a súa vida.

O suposto homicida ten unha inmobiliaria en Caldas. Os veciños descríbeno como unha persoa altiva e de carácter, pero ninguén imaxinaba este desenlace.

O concello celebrou un pleno extraordinario para condenar os feitos. Tamén decretáronse tres días de loito oficial en sinal de dolo por este cruento crime.

A xuíza de garda decretou o levantamento dos corpos ao redor das 4 e media da tarde. Será mañá pola mañá cando se lles realice a autopsia. Tamén mañá, sobre as 12 do mediodía pasará a disposición do xulgado número un de Caldas de Reis, responsable da instrución do caso.

Dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tamén apuntaron que non costa que o home tivera antecedentes por violencia doméstica nin que pesara sobre el ningunha orde de afastamento.