RIBEIRA> Este ano, a plantilla verase aumentada con cinco novos membros, que recibiron, da man do rexedor local, Manuel Ruíz, o su carné de axentes. Como tódolos veráns os pequenos axentes da policía infantil de Ribeira volverán prestar os seus servizos a tódolos veciños da localidade. Os nenos patrullarán as rúas informando ós viandantes sobre a localización das diferentes rúas e edificios públicos e alertarán á policía local de posibles infraccións ou irregularidades que poidan observar. En total serán 27 os integrantes deste corpo infantil, cinco máis que o pasado ano. O rexedor local fixo entrega esta mañá dos seus carnés ós novos membros da plantilla e aproveitou para felicitalos polo importante servizo que prestan á sociedade. Tamén o seu profesor, José Alonso, tivo palabras de agradecemento para os cativos polo esforzo que demostran durante todo o ano acudindo ás clases de preparación. A policía infantil de Ribeira chega este ano ó seu vixésimo aniversario cun resultado moi positivo. De feito esta iniciativa pioneira xa chamou a atención noutros concellos de Galicia e de España e mesmo a nivel internacional que xa estudan a súa posta en marcha, tomando como referente ós pequenos policías de Ribeira.
Inicio Barbanza - Muros - Noia