NOIA> Xunta directiva e xogador facían oficial en rolda de prensa o acordo de renovación do xogador compostelán.
As oficinas de Lolita Moda, un dos principais patrocinadores do Club, acollían o acto de anuncio de renovación de David Palmas por unha tempada máis.
Dende a directiva do Noia Portus Apostoli aagrdecían ó xogador compostelán a confianza mostrada e ofeito de continuar vinculado ó Club por un ano máis.
Palmas mostrouse tamén moi contento pola renovación e poder participar, na vindeira tempada, na consolidación do Club na categoría de prata do fútbol sala nacional.
A de David Palmas é a terceira renovación do Noia Portus Apostoli para a vindeira tempada despois de atar a continuidade do adestrador, Marlon Verlasco, e Uri.