V.O. 70 Movistar preparado para gañar a Volvo Ocean Race

13.000 millas naúticas navegadas, picos de velocidade alcanzada por enriba dos 36 nós , récord do mundo de distancia percorrida en 24 horas……..e todo, antes do comenzo da competición. Este é o VO 70 Movistar, o barco español que competirá na volta o mundo de vela, un evento deportivo de primeira magnitude para o que estamos preparados. O máis grande, máis rápido e máis exixente para a navegación. As normas de deseño do novo Volvo 70 que competirá na Volvo Ocean Race indican que este ano volverá a bater récords de velocidade. O Telefónica Movistar, a única embarcación española que participa na volta o mundo de vela, ten 21 metros de largo, o mástil elevase máis de trinta metros po enriba da cuberta. Os materiais básicos nos que está construido son Kevae, 3Dl, Spectra e Nylon e Titanio, Vectran e Carbono para os accesorios. A Volvo Ocean Race é unha regata que da a volta o mundo pero tamén é un reto a resistencia human, unha das poucas aventuras que quedan nas que o home enfrontase a elementos e situacións extremas cunha única ferramenta: a capacidade de superación. Unha vez embarcados traballan 14 horas o día, o resto do tempo adicase a comer é durmir. O barco movistar contará con 10 tripulantes que fan turnos de catro horas en cuberta. Alimentanse de comida deshidratada e barritas enerxéticas, durmen en catro camas que utilizan por turnos. As condicions máis duras de navegación son os temporais e as etapas de frío. Non levan apenas roupa nin accesorios xa que o máis importante é levar o menos peso posible para navegar máis rápido. Despois de coñecer a embarcación que saíra de Vigo o vindeiro doce de novembro pudemos comparalo co VO 60, o barco que estivo competindo en anos pasados. A diferencia fundamental están nos materiais, o VO 70 é moito máis manexable a pesar de ter unha maior lonxitude. O casco do VO 60 pesaba moito máis que o do seu irmá maior polo que collía velocidades máis baixas. O equipo Movistar traballa dende Maio en Sanxenxo para rendir na competición . O resultado: comprobaremolo na Volvo Ocean Race o vindeiro mes de novembro.