O GROVE> A Festa do Marisco volve a deixar, un ano máis, moi bo sabor de boca na vila. O alcalde, José Antonio Cacabelos, afirma que esta celebración recadou máis de 700.000 euros, a falta de coñecer o impacto económico que tivo na vila, o que a erixe novamente como unha das celebracións máis máis importantes da comarca.
Unhas 200.000 persoas visitaron a Festa do Marisco 2018 que finalizou onte, e que se traduce nunhas cifras envexables, encanto a ocupación hostaleira, venta de racións e cartos recadados, dende o pasado día 4 cando abriu as súas portas.
O alcalde sinala que a celebración gastronómica meca é unha das máis importantes de España, a que apoian as 160.000 racións que se venderon e os máis de 700.000 euros facturados.
Ademais este ano houbo unha novidade e é que foi a edición máis saudable.
Unha celebración na que a pesar de que o marisco era a estrela da celebración, tivo que compartir protagonismo co polbo, xa que foi un dos máis demandados. A estes datos poderíamos sumarlle os máis de 3.000 sobremesas, e 33.000 bebidas que se despacharon tamén nas carpas da celebración.
Dende o concello non agochan a súa satisfacción e anuncian que xa están a traballar para que a celebración do 2019 sexa igual ou mellor a que acaba de rematar.
Inicio crb