Lourido prepara 400 quilos de navalla para a súa terceira Festa de Exaltación

POIO> A oferta gastronómica para esta fin de semana continúa ampliándose. Se lles parecía pouco as Festas do Mexillón de Vilanova e A Illa, Poio opta por facer protagonista á navalla. Na súa terceira edición a cita muda de data para aproveitar o bo tempo e a súa localización na praia de Lourido.

 

Empanada de navalla, tortilla de navalla, paella de mariscos con navalla ou a tradicional navalla á plancha. Este bivalvo será o auténtico protagonista da fin de semana de Poio.

O funcionamento desta terceira edición da Festa de exaltación da navalla será o mesmo que en anos pasados. O principal cambio ven dado pola data, pasando do mes de outubro a agosto para aproveitar o bo tempo e pór en valor a súa localización: a praia de Lourido.

Dende o sábado ás 12 de mediodía na carpa do paseo de Lourido poranse os fogóns a funcionar. A organización xa mercou ao redor de 400 quilos de navalla, preparándose para atender a demanda de toda a fin de semana.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/festa_navalla.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/08agosto/06/festa_navalla.mp4{/flowplayer}