Queren coñecer a vida e obra de María Vinyals?

Pontevedra> Dende o 5 de outubro e ata o 12 de novembro o Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá a exposición; María Vinyals, da aristocracia ao activismo feminista. Unha mostra onde poderán coñecer máis sobre a vida e obra desta muller que naceu no 1875 no Castelo de Soutomaior. Unha investigación realizada pola catedrática da USC, Aurora Marco e pola responsable de publicacións do Museo, Ángela Comesaña. O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá dende o 5 de outubro ao 12 de novembro unha exposición moi agardada, María Vinyals, da aristrocracia ao activismo feminista. Unha mostra realizada grazas a investigación catedrática da USC, Aurora Marco e pola responsable de publicacións do Museo, Ángela Comesaña. Foron as comisarias deste traballo as que explicaron á perfección quen foi María Vinyals. Unha muller feminista, que naceu no 1875 no Castelo de Soutomario, que sabía 5 idiomas, que contaba cunha enorme bagaxe cultural e que foi marquesa circunstancial. Dende o Museo agardan que se visite moito este traballo e sobre todo que se fale moito del. E dende a Deputación de Pontevedra, a súa presidenta amosou nesta xornada o orgullo que é para ela dar visibilidade a unha muller tan importante e loitadora como o foi María Vinyals. Ata o 12 de novembro poden visitar esta exposición no Sexto Edificio de Pontevedra, unha maneira única de coñecer a esta muller loitadora, galega e que ten moito que dicir na nosa historia.