Manuel Ruíz nega que infrinxira a Lei Electoral

RIBEIRA> O rexedor ribeirense, que aínda non recibiu a notificación da proposta de resolución, anunciou que a recorrerá se chega a materializarse. Unha vez emitida a proposta de resolución, ábrese un prazo de quince días para formular alegacións. Alegacións que o alcalde de Ribeira xa elabora en colaboración cos servizos xurídicos por entender que a celebración da feira de educación nas instalacións do novo mercado non supuxo infracción algunha da lei electoral. Ruíz lembra que se trata dunha proposta de resolución, e non unha sanción en firme, polo que confía en que a xunta electoral acabe por darlle a razón unha vez concluído o proceso posto que a actuación non tivo intención de influír na vontade do electorado. Pola contra, dende o BNG, formación que presentou a denuncia consideran que a proposta de resolución ven de darlle a razón ó ratificar que se tratou dunha inauguración encuberta en plena campaña electoral.